Get the latest updates in your inbox and sign up for more info!
The children’s rhyme about the coronavirus Is There Something in the Air? (Che cos’è che in aria vola?), written by Roberto Piumini, one of Italy’s most beloved children’s authors, has been translated into Galician by María Alonso Seisdedos.
María Alonso Seisdedos has been an audiovisual and literary translator for more than thirty years from English, German, Portuguese, Italian, Catalan and French into Spanish and Galician. In 2014 she received (with Eva Almazán, Xavier Queipo and Antón Vialle) the National Award for the Best Translation for the Galician version of Ulysses by J. Joyce, and in 2018 the I Xela Arias Award from the AGPTI.
Por que non se sae da casa?
Como non temos escola?
Que alguén me explique o que pasa,
que non me entra na cachola.
Hai un virus con coroa,
e non se trata dun rei,
tampouco dunha persoa.
Dime o que é, que eu non sei!
É moi pequeno e por iso,
ninguén o ve a simple vista;
un microscopio é preciso
para poder seguirlle a pista.
Éche un bicho moi pequeno
que anda de aquí para alá
dentro ten moito veleno,
facer mal tanto lle dá.
É invisible e fedello,
perigoso e moi potente;
diminuto cachafello,
quere meterse na xente.
Pero a xente somos nós,
ti e mais eu, a Terra enteira.
Nunca o pararemos sós.
A unión é a nosa barreira!
Se de esbirrrar tes ganas,
debes esbirrar no brazo,
para o voo dese badanas.
Imos deter este andazo!
Se saes, ao volver recorda:
lava e freta man con man.
Mesmo que non vexas lorda,
lávaas sempre con afán.
Lávaas con auga e xabón,
dálle que dálle no coiro,
dille forte a ese chambón:
Vaite polo sumidoiro!
Fíxate ben se a túa nai
e o teu pai o fan con xeito.
Explícalles como se fai
p’ra que as laven ao dereito.
Nos ollos, nariz e boca
non me fochiques cos dedos,
non andes toca que toca,
deixa estar os dedos quedos!
Cando te encontres con xente,
non te achegues demasiado,
que máis vale ser prudente
e manterse algo apartado.
Non deas bicos e abrazos,
polo menos de momento,
así non lle darás azos,
e morre o bicho noxento!
Porque a xente tape a cara
non penses que veu o Entroido.
A resposta está moi clara:
é para evitar un descoido.
Esa máscara protexe
filtrando a respiración.
Alí o bicho non se mexe:
é a súa acabación!
E mentres o mal non pasa
e segue a facer das súas,
queda cos teus na casa
e déixalle a el as rúas.
Boa idea, con certeza,
dado que a escola fechou.
E ata que desapareza,
eu para a rúa non vou!
Cos parentes e amizades
aos que botedes en falla
sen perigo algún falades
a través dunha pantalla.
E en vez de dar ás persoas
ás que queres un abrazo,
dálles outras cousas boas:
dálles palabras a mazo!
As palabras son galanos,
son sementes de agarimo;
un don dos seres humanos
co que dar amor e arrimo.
Ti e mais eu, e todo o mundo,
con coidado e atención,
venceremos ese inmundo,
ese ruín cruel abusón!
Oxalá cando venzamos
ese mal bicho daniño,
todos xuntos aprendamos
a vivir con sentidiño!